viernes, 16 de diciembre de 2011

Unha de xeografía =)

Se vos parece que os mapas son moi difíciles, aquí tedes unha posibilidade para facilitar o traballo con eles. A polas comunidades de España.

domingo, 30 de octubre de 2011

APRENDER A ESTUDAR

Aquí vos deixo unha serie de consellos moi interesantes para aprender a estudar que propuxo Camino no blog da Buxaina. Botádelle un vistazo!

viernes, 14 de octubre de 2011

DITOS POPULARES

Algunha vez vos preguntástedes que significaban algunhas das expresións que utilizamos frecuentemente?

martes, 11 de octubre de 2011

Cada ovella coa súa parella

Agora que chega o fin de semana, propóñovos este sinxelo xogo no que tedes que relacionar por parellas. Moito ánimo e a gozar!

lunes, 10 de octubre de 2011

Unha pista, unha palabra




Os encrucillados son unha boa maneira de aprender vocabulario novo. Nesta páxina de Portal Planeta Sedna, tedes moitos exemplos para poder practicar. Quen se anima? A por eles!!!

martes, 4 de octubre de 2011

As mates romanas

Bos días a todos!

Como todos sabedes, a nosa comunidade foi ocupada polos romanos ata o ano 456 d.C., data da caída do seu imperio e tamén a do inicio da chamada Idade Media, que se extendería ata o 1492, cando Colón descobre o Novo Continente. Pois ben, da súa estadía nas nosas terras quedáronnos diferentes vestixios dos que, aínda a día de hoxe podemos gozar como, por exemplo, a muralla de Lugo, diferentes pontes dos nosos arredores e tamén vestixios culturais como a lingua (xa que o galego deriva do latín) e inclusive a numeración. Polo tanto, aínda que pasasen tantos anos, seguimos gardando algo seu. Que vos parece se aprendemos a escribir os números como o facían os romanos?


amolasmates.es