martes, 4 de octubre de 2011

As mates romanas

Bos días a todos!

Como todos sabedes, a nosa comunidade foi ocupada polos romanos ata o ano 456 d.C., data da caída do seu imperio e tamén a do inicio da chamada Idade Media, que se extendería ata o 1492, cando Colón descobre o Novo Continente. Pois ben, da súa estadía nas nosas terras quedáronnos diferentes vestixios dos que, aínda a día de hoxe podemos gozar como, por exemplo, a muralla de Lugo, diferentes pontes dos nosos arredores e tamén vestixios culturais como a lingua (xa que o galego deriva do latín) e inclusive a numeración. Polo tanto, aínda que pasasen tantos anos, seguimos gardando algo seu. Que vos parece se aprendemos a escribir os números como o facían os romanos?


amolasmates.es

2 comentarios: